Este venres celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ. Como cada curso, elaboramos un libro colectivo e este día fixemos a lectura ante o resto de compañeiros e compañeiras. O deste ano leva como tema a nosa convivencia, entendendo que a PAZ comeza moi perto de nós, no noso entorno máis próximo, a nosa familia e o noso colexio. Non credes?
O acto comezou cun libro que nos contou a profe Rosa, El país de las pulgas, de Beatrice Alemagna, de PHAIDON.
E se un día as pulgas que viven nun colchón montaran unha festa? Un
conto divertido sobre a diferenza e a tolerancia para o público
infantil de todas as idades. Escrito e ilustrado coa encantadora
técnica de Beatrice Alemagna, que mestura tecidos, encaixe e collage, unha
combinación inédita nun libro destas características. Esta sinxela
narración, protagonizada por uns simpáticos personaxes con encanto
universal, é ideal para ler en voz alta ou para os novos lectores
que empezan a ler.
A continuación, a lectura do noso CONTO COLECTIVO DA PAZ, que rematamos cunha fermosa sesión de ABRAZOTERAPIA proposta polo alumnado de 1º e 2º. Se queredes ver todas as imaxes, xa sabedes, coma sempre, premede en calquera das fotos que vedes aquí...
Ningún comentario:
Publicar un comentario