Baixo o lema "ANÍMASTE A DISFRAZ-ARTE?" este ano toda a Comunidade Educativa participou con disfraces de pintores no CEIP de Pazos: Miró, Kandinski, Hervé Tullet e Van Gogh. Os nenos e nenas maiores, ademais, reivindicaron a figura feminina dentro da arte e escolleron a 16 MULLERES PINTORAS das que fixeron pequenos traballos de investigación dentro do programa "BIBLIOTECA ESCOLAR: Territorio das artes".
Despois dun amplo traballo, exposicións e moita imaxinación, hoxe houbo un desfile polas inmediacións do centro no que participaron tamén as familias, e logo unha merenda coa implicación da ANPA e a, xa tradicional, LECTURA DO TESTAMENTO E QUEIMA DO MECO.
|
Desfile polas inmediacións do centro |
|
5º e 6º co MECO |
|
3º e 4º |
|
1º e 2º |
|
Infantil 5 anos |
|
Infantil 3 e 4 anos |
|
"Os máis serios" |
|
Lectura do Testamento |
|
Queima do MECO |
GRAZAS AOS PAIS E NAIS, E AVÓS E AVOAS QUE VOS ACHEGASTES
E GRAZAS Á ANPA
POLO EMPUXÓN!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario