martes, 21 de outubro de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este curso queremos comprometernos coa misión de mellorar a convivencia no noso centro. Para iso, temos preparada unha "xincana" de contos para falar dos valores que deben convivir entre nós: a amizade, a xenerosidade, a honestidade, a xustiza, a perseverancia... 
O venres (Día das Bibliotecas), celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares (o vindeiro luns é a verdadeira data), e a primeira hora da mañá, na HORA DE LER, leremos un conto en cada aula.


3 e 4 anos: A xoaniña rosmona

4 e 5 anos: Por cuatro esquinitas de nada (Conta Jesús, coa profe Cris)

1º e 2º: Emma Enfadosauria
3º: La cola del dragón
4º: ¡Hola! ¡Gracias! ¡Adiós!
5º: Sinceridad
6º: Lecturas de paseo: A Casa da Palabra e outros.
 Despois do recreo cada grupo de nenos e nenas rotarán polas distintas aulas para escoitar unhas reflexións que atopamos na colección da Editorial Cedic, "Todo lo que cabe en mi mundo"


SETE CONTOS e SETE REFLEXIÓNS en SETE MINUTOS e SETE ESPAZOS por SETE PROFES para SETE GRUPOS. 

Iniciamos así unha serie de actividades encamiñadas á construír un cole mellor onde todos respectemos e todos e todas sexamos respectados. ¿Apuntádevos?

Ningún comentario: