luns, 25 de novembro de 2013

25 de novembro: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO II


Hoxe, un ano máis, adicamos parte do tempo da mañá a falar sobre a Violencia de Xénero, a ver vídeos, ler e recordar algún libro... As imaxes que vedes son do lazo que colocamos na entrada do cole, un lazo feito con todos os nosos lazos para rexeitar a violencia. 


A primeira hora "O libro dos porcos" e algún vídeo que vimos fíxonos reflexionar coma sempre, e moitos recoñeceron actitudes ou condutas similares. Nas nosas mans, nas súas, está cambiar o futuro para facer adultos responsables e respectousos cos demais.
Deixámosvos outro vídeo que atopamos pola rede, un conto da ilustradora Raquel Díaz Reguera, de Thule Ediciones:
¿HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA?
Interpretado a LSE por Elena Zapico e Tamara Corral (Plataforma de Infancia)
25 de novembro: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO I

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Moi boa forma de traballalo. Un bico.