miércoles, 24 de mayo de 2017

OS NOSOS LIBROS COLECTIVOS DA PAZ

Xa temos unha páxina (accede nas lapelas superiores) na que gardar todos os Libros Colectivos da Paz, colección que imos ampliando curso a curso. Dende 2007  en adiante están aquí...
http://librocolpaz.blogspot.com.es/?view=classic
Preme na imaxe para acceder a eles
Grazas a Xaime Cartelle, o noso indiscutible e eterno solucionador de problemas, por tomarse o traballo de escanear estes libros con suma PACiencia, un a un,  PÁXina a PÁXina...!!

jueves, 18 de mayo de 2017

OS MURAIS DE INFANTIL

OS MURAIS DE INFANTIL... COA GALIÑA AZUL DE CARLOS CASARES!!



Resultado de imagen de aplausos dibujo

O RAP DE CARLOS CASARES, do CPI Mosteiro Meis

FIXÁDEVOS NESTE VÍDEO RAPERO DE CARLOS CASARES
FANTÁSTICA IDEA!!!

lunes, 15 de mayo de 2017

1000 NENOS CHEOS DE VIDA!


NORABOA POLA IDEA, POLO MOMENTO MÁXICO E EMOTIVO E POR PODER COMPARTILO CON TODOS OS QUE ALÍ ESTABAN!!

LETRAS GALEGAS, 2017

Fermoso mural do alumnado de 3 e 4 anos de Infantil: A GALIÑA AZUL
Este ano as Letras Galegas adícanse ao escritor ourensán, Carlos Casares, pero, sabedes cal foi a orixe desta celebración? Invitámosvos a ver este vídeo

Dende a primeira homenaxeada, Rosalía de Castro, foron moitos os autores e autoras protagonistas destes 17 de maio, Carlos Casares fai o número 58.
E, se queredes, esta é unha versión ben fermosa da GALIÑA AZUL, de Carlos Casares, que os pequenos e pequenas do CRA de Rianxo nos achegan neste vídeo... NORABOA A ESTA RAPAZADA 
"Dende o CRA de Rianxo, queremos compartir convosco o proxecto que fixemos enfocado ao mes dos libros e ao mes de Casares. A nosa particular versión da Galiña Azul.
Somos 10 aulas cunha biblioteca central na sede e é toda unha aventura facer cousas conxuntas, pero moi satisfactorio tamén.
Neste caso dividimos o texto da Galiña entre as 10 aulas, e os nen@s fixeron uns títeres de pau correspondentes a ese anaco. Desde o equipo, en colaboración con Dinamización, elaboramos un decorado, e fomos grabando polas aulas vídeo e son. E despois de moitas horas de montaxe e produción...
Este é o resultado final!

Agardamos que vos guste e por suposto podedes partillar o enlace ;)

Apertas e boas letras!"

sábado, 13 de mayo de 2017

III CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO. Entrega de Premios

 
Foto: Andrea Picos Rodiles
Esta mañá celebrouse a entrega de premios do III Certame Literario Carmela Loureiro. Contempla premios para micropoesía, microrrelatos e micoteatro. Nesta edición houbo 9 primeiros premios e 12 accésits. Un libro recolle todos os traballos presentados, logo dunha primeira selección nos centros. 

No CEIP de Pazos seleccionamos dous traballos para presentar na modalidade de micropoesía:
"Non digas non", de Abraham Jiménez Conchado, e "6 versos poéticos", de Kelly-Obas Osagie López
E dous microrrelatos: "O Nadal que dou a esperanza", de Irene Fraguela Trastoy, e "A bolboreta sen ás", de Sofía Sanjurjo López. Este último premiado cun accésit. Hoxe Sofía recolleu o premio e estas son as imaxes. 
Felicidades aos catro, e unha NORABOA especial para ela!!


Foto: Andrés Vizoso

Foto: Andrés Vizoso

jueves, 11 de mayo de 2017

E POR FIN... GRAVAMOS CHEA DE VIDA!


Unha explosión de alegría, a guitarra de Guillerme Fernández, o son e as voces acompasadas, dirixidas por Ramón Bermejo, encheron o corazón de Navantia e o de todos os que estabamos nesa nave. O reencontro con Guadi e compartir esa experiencia cos outros dezaseis centros, imborrable. 

Temos que agradecer ao CFR de Ferrol ternos invitado, e felicitar a José Antonio Sordo, e aos que con el colaboraron, polo esforzo e a impecable organización. Mover a 1000 nenos non é doado, e se aínda por riba estamos os profes... ; )
Foi unha experiencia preciosa, cargada de emoción, esa que só a música pode conseguir.

COMO ESTADES?
CHEOS DE VIDA!!

TODAS, TODAS, TODAS AS FOTOS, AQUÍ 

NA RTVG... (Preme na imaxe)
http://www.crtvg.es/informativos/voces-escolares-inundan-navantia-para-celebrar-as-letras-galegas
E, SE QUEREDES VER UN AVANCE DO VÍDEO, QUE NOS OFRECE "LA VOZ DE GALICIA", PODEDES PREMER NA IMAXE
http://www.lavozdegalicia.es/video/ferrol/ferrol/2017/05/11/mil-ninos-cantan-coro-navantia/0031_2017055430094394001.htm


No Diario de Ferrol
En Ferrol 360
No Facebook de Guadi Galego. E máis
Na páxina da Xunta de Galicia, onte

CHEGOU O DÍA!!


miércoles, 10 de mayo de 2017

REDES SOCIAIS: Unha interesante charla da Policía Nacional

Como xa vos informabamos onte, hoxe ás dez e media da mañá tivemos na sala de audiovisuais unha charla para o alumnado de 3º a 6º sobre as novas tecnoloxías e as redes sociais. Perigos, precaucións, como facer un uso seguro na rede ..., en definitiva, SABER E ACTUAR EN CONSECUENCIA! Tomamos boa nota de todo o que nos contou o inspector da Policía Nacional, Javier Seijas, para ser responsables e navegar seguros.

  Pola tarde, tocounos aos maiores..., nais, pais e profes xuntámonos con el ás catro da tarde para escoitar unha charla similar. Estar ao lado dos nosos fillos, guialos e acompañalos dende pequenos evitará problemas posteriores. Cando e como usar o teléfono móbil?, onde ubicar o ordenador que usen os nosos fillos?, canto tempo conectados? Moitísimas preguntas que nos fixeron reflexionar sobre a importancia de protexer a seguridade dos pequenos neste terreo. Moi, moi interesante!


ÚLTIMOS ENSAIOS...: CHEA DE VIDA


Seguimos Cheos de Vida!!
Quedan menos de 24 horas... 
Que nervios!

martes, 9 de mayo de 2017

CHARLA POLICÍA NACIONAL: NOVAS TECNOLOXÍAS E REDES SOCIAIS

Mañá, teremos unha charla organizada pola ANPA do colexio, ás dez e media para os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º; e ás catro da tarde para os pais e nais.
https://www.policia.es/mapaweb.html

A Policía Nacional impartirá a segunda charla no centro. A primeira, sobre o Acoso Escolar, o pasado 25 de abril. Esta versará sobre as Novas Tecnoloxías e Redes sociais. 

MÁIS CHEOS DE VIDA... Continuamos

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/ramon-bermejo-entusiasmo-acto-foi-crecendo-exponencialmente/20170508233310189036.html?utm_content=buffereef4c
Pincha na imaxe para ler toda a noticia no Diario de Ferrol

Queredes ver o ensaio de onte?
Grazas ao CFR de Ferrol pola súa achega.

AS FABAS MÁXICAS, DE CARAMUXO TEATRO

Esta mañá, no Teatro Jofre, Caramuxo Teatro presentou o espectáculo de monicreques "As Fabas Máxicas"
Sinopse: 
Unha adaptación do conto clásico "Xan e as fabas máxicas" nunha clave máis contemporánea, misturando o teatro de actor e monicreques.

Xan e a súa avoa vivían nunha pequena casa co único que tiñan, unha vella vaca chamada Flora que xa non daba leite. Un día Xan cambiará a súa amiga Flora por unha fabas moi especiais e aí comezará unha fantástica aventura...

Caramuxo Teatro presenta unha nova versión do clásico popular .Un espectáculo contado en primeira persoa a través do teatro de actor e de monicreques.Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios mais altos de Nova York.Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.
Unha proposta de lecer en familia para nenos a partir de 4 anos cunha coidada estética na que o humor, a emoción, e a poesía mistúranse para dar unha visión contemporánea do coñecido conto infantil.

lunes, 8 de mayo de 2017

ENSAIO CON RAMÓN BERMEJO: CHEOS DE VIDA!!

O próximo dia 11 entre as 10,30 e as 12:30 horas  terá lugar, nas instalacións dos estaleiros Navantia de Ferrol, a actuación dun coro composto por máis de 1000 alumnos e alumnas de centros educativos da comarca.
O acto, organizado polo CFR de Ferrol dependente da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Ordenación Educativa, forma parte da posta en práctica co alumnado do curso de formación do profesorado  titulado “O coro escolar, unha actividade integradora para o alumnado”  e enmárcase dentro dos actos previstos para celebrar a festividade das letras galegas. Conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e de Navantia coa cesión dunha das súas naves para realizar e gravar a actuación,  coa simboloxía de realizarse nun lugar emblemático da nosa comarca, como é o estaleiro,.
A canción escollida será “ Chea de Vida”, e a súa intérprete Guadi Galego actuará co alumnado, a dirección do coro corresponde a Ramón Bermejo Díaz de Rábago, simultaneamente un grupo de alumnado de 3º de primaria realizará tamén a interpretación da canción en lingua de signos .
O alumnado protagonista pertencente aos centros CEIP A LAXE (Ferrol), CEIP DE PAZOS (Ferrol), CEIP ISAAC PERAL (Ferrol), CEIP NICOLÁS DEL RÍO (Cedeira), CEIP PLURILINGÜE DE ANDRADE (Pontedeume), CEIP SAN ISIDRO (Neda), CEIP SANTIAGO APÓSTOLO (Mugardos), CPI AS MIRANDAS (Ares), CPI DE SAN SADURNIÑO (San Sardurniño), CPR PLURILINGÜE JESÚS MAESTRO (Ferrol), IES ALFONSO X O SABIO (Cambre), IES CANIDO (Ferrol), IES DE MUGARDOS (Mugardos), IES DE ORTIGUEIRA (Ortigueira), IES MONELOS (A Coruña), IES SATURNINO MONTOJO (Ferrol), IES TERRA DE TRASANCOS (Narón), e participan como  unha actividade complementaria máis das que se realizan habitualmente nos centros educativos.
Este acto ten como un dos seus obxectivos estimular o canto coral nos centros de ensino de primaria e secundaria, utilizando o repertorio de grupos e cantantes galegos actuais, coa perspectiva de continuación en próximos cursos de este tipo de formación musical entre o profesorado.
O enlace ao tema “Chea de vida”.
A modo de exemplo esta é unha experiencia de gravación de un vídeo similar ao do Proxecto, realizado nunha nave industrial co “Aleluia” de Leonard Cohen:
(Van  case 5 millóns e medio de visualizacións)
Agradecemos por adiantado o interese mostrado na difusión do acto. (Nota de prensa oficial)
 
E así está sendo: Esta mañá, polo tanto, ensaiamos con Ramón Bermejo, o director do "Coro da Rá", a cantiga de Pachi García Alis, interpretada pola nosa ex profe, Guadi Galego, no seu disco "Lúas de Outubro e Agosto": CHEA DE VIDA. O vindeiro día 11 gravaremos en Navantia ese vídeo clip, invitados polo  CFR de Ferrol.
Ilusiónanos participar neste emotivo evento!!
Xa vos contaremos!!
SE QUERES VER TODAS AS FOTOS, "CLICA" NA IMAXE


domingo, 7 de mayo de 2017

CHEA DE VIDA!!!

APROXÍMASE O DÍA 11!
Guadi, estamos desexando verte!!!

viernes, 5 de mayo de 2017

UXÍA UNHA DAS GAÑADORAS DE POESÍA E IMAXE


Poema escollido por Uxía Remuiñán Freire

Ilustración de Uxía




Ilustración de Icía Fraguela Trastoy sobre o mesmo poema

Icía, de 2º e Diego, de 4º foron os outros dous finalistas no centro. Noraboa aos tres!, 
e unha noraboa e un bico especiais para Uxía!!




Poema ilustrado por Diego